28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2008 / Catalina García unha das representantes

Ano 2008

Catalina García unha das representantes da comarca no comité nacional do partido en Galicia

28/07/2008

 

Catalina García (Narón), Julio Iglesias (Ares) y Amable Dopico (Ferrol) serán los socialistas que representarán a la comarca en el comité nacional del partido en Galicia. Así lo decidió el congreso del PSOE, que también acordó incorporar a Vicente Irisarri y a Iván Puentes en la ejecutiva gallega, en la que también permanecerá Beatriz Sestayo. La agrupación comarcal del PSOE considera que gana peso en el partido tras la celebración del congreso gallego.

 

O PSdeG-PSOE APOSTA POR NARÓN
 

Esta fin de semana, como é sabido, celebrouse o 11º Congreso do PSdeG-PSOE en Santiago de Compostela.
 

 

Desta convocatoria Socialista, que se desenvolveu nun clima de cordialidade, unidade e forza, saíu unha renovación en todos os órganos de direción do partido, onde teñen representación os diferentes concellos galegos.
Nesta renovación, a direción do partido reforza notablemente á Secretaria Xeral e Voceira Municipal dos socialistas de Narón Catalina García, incorporándoa ó Comité Nacional Galego, “máximo órgano do partido entre Congresos”.

 

Segundo palabras de García “Isto é unha inxeción de osixeno para os meus compañeiros e militantes, para todas e todos os que traballan a diario comigo e se esforzan para sacar adiante o noso proxecto socialista. É un recoñecemento ó seu esforzo e á súa dedicación, pois sen eles nada sería posible”.
Asemade García quixo destacar que “Estou enormemente agradecida ó Presidente e a Ricardo Varela en nome da Agrupación Local de Narón e, por suposto no meu propio, pola confianza depositada e por recoñecer o noso esforzo, traballaremos dende xa para colaborar no que nos encomenden, e agardamos estar á altura deste novo reto que se nos presenta”.

 

Narón, que conta cunha Agrupación Local consolidada e forte, afianza así a súa presenza e o seu protagonismo dentro da direción socialista galega.
Non quere Catalina García esquecer “que aínda que no Comité Nacional Galego farei de voz de Narón para trasladar os seus problemas, tamén o serei para todos aqueles outros compañeiros e compañeiras da Comarca que o precisen”.

 

Narón, 28 de xullo de 2008
 

Asdo. Catalina García
Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Narón

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera