16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2008 / Narón non é o paraiso que nos pintan

Ano 2008

Narón non é o paraiso que nos pintan

05/06/2008

 

«Narón non é o paraíso que nos pintan quenes o gobernan»


Defende unha oposición «construtiva» a un bipartito ao que tacha de «continuista» no que atañe á Tega, e «falso» polo PP
Autor: Antía Urgorri Fecha de publicación: 5/6/2008
Pon por diante que cando colle unha responsabilidade, gústalle «cumprir con ela». Aínda que é nova na política, Catalina García ten claro o tipo de oposición que quere facer:
-Construtiva, apoiando todo o que favorece aos veciños e ao desenvolvemento do concello; rexeitando, por suposto, todo aquilo que non é prioritario.
-¿Que está a facer mal o goberno de Narón?
-Seguen enfrascados na mesma política do mandato anterior. Non solucionan os problemas e non se priorizan os recursos e as inversións.
-Hai uns días deixou claras as súas diferenzas co Concello en canto ás taxas do saneamento no rural.
-A nosa postura é clara, facer un estudo real do que custa o enganche dende a rede xeral ás vivendas, que non o hai, ou se o hai, non nolo ensinaron, cando o pedimos en varias ocasións. Tamén apostamos porque se lle de aos veciños a posibilidade de contratar pola súa conta, mediante permiso de Cosma, a obra. Algo que si permite a ordenanza.
-Sen embargo, en outras ocasións coincidiron con Terra Galega como no caso do centro de saúde, presentando unha moción conxunta. ¿Hai puntos de acordo, entón?
-Como xa che dixen estamos a facer unha oposición construtiva. Se presentamos unha moción que coincide con outro grupo, sexa do goberno ou non, e accedemos a presentala de forma conxunta, pois adiante. Estamos abertos ás ideas dos demais, pero sempre ceñíndonos ao noso programa electoral.
-¿Como van a orientar o traballo para tratar de cumprir dende a oposición as ideas que defenderon en campaña?
-Despois do pacto entre Terra Galega e o PP o temos máis difícil, xa que a presión que podemos facer non é a mesma. Xa teñen a maioría e poden facer e desfacer ao seu antollo. Presentamos dez propostas aos orzamentos e non nos incluíron ningunha. Dende o noso punto de vista, pensamos que Narón sairía gañando cun goberno en minoría que chegase a acordos coa oposición para pactos puntuais. Si estamos a cumprir a nosa palabra que dimos en campaña de non pactar con Terra Galega. Estamos na oposición, que é onde nos puxeron os veciños.
-¿Nunca se prantexaron pactar co partido de Xoán Gato?
-Mantivemos conversas con eles, pero non chegaron a nada. Para nós era importante ter pactos puntuais, tiñamos claro que desta forma habería unha auténtica democracia.
-En Narón, ¿se ten en conta á oposición?
-Tristemente non. Non vale de nada que se fagan comisións e xuntanzas, se logo non se teñen en conta as nosas ideas. Temos presentadas varias mocións e quitando a do centro de saúde ningunha se tivo en conta.
-O goberno critica que representantes do seu partido na Xunta veñen ao concello para reunirse con vostedes sen avisar ao bipartito.
-Teño que lembrarlle ao grupo de goberno que eu, ademais de ser a portavoz do PSOE no Concello, son a secretaria xeral do partido en Narón, e teño unha labor, que non me van a dirixir eles. Bótanlle en cara agora ao PSOE o que tamén criticaban do PP cando estaba na Xunta, e ben que están gobernando con eles. Recórdolle a Gato, que supoño que non terá alzhéimer, que a este municipio veu Pepe Blanco, secretario de organización do PSOE, a conselleira de Ensino, o delegado de Política Territorial, os recibiu o delegado de Ensino, teñen moi bo contacto coa Área asistencial... Se isto é cero visitas e cero euros.
-¿Que cambiou en Narón dende que hai pacto?
-Se hai cambios dende logo non son moi significativos. É un querer e non poder. Narón non é o paraíso que nos pintan quenes o gobernan.
-Diga unha frase ou adxectivo que defina a labor de cada grupo político de Narón. ¿Terra Galega?
-Esgotado
-¿PP?
-Falsos e vendidos.
-¿BNG?
-Compañeiro de viaxe que non aliado.ue cambiou en Narón dende que hai pacto?
-Se hai cambios dende logo non son moi significativos. É un querer e non poder. Narón non é o paraíso que nos pintan quenes o gobernan.
-Diga unha frase ou adxectivo que defina a labor de cada grupo político de Narón. ¿Terra Galega?
-Esgotado
-¿PP?
-Falsos e vendidos.
-¿BNG?
-Compañeiro de viaxe que non aliado.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera